13-O: A execución de un pedagogo.

Francisco Ferrer Guardia naceu en Alella no 1859 nunha familia acomodada e conservadora. Con todo, dende a súa mocidade relacionouse con círculos antimonárquicos. Isto levou a que participase na fallida insurrección republicana de 1886, tras a que se exiliou en París, onde comezou o seu interese pola educación e coñeceu a personaxes como o pedagogo anarquista Paul Robin ou terá correspondencia postal con Piotr Kropotkin, achegándose a posturas libertarias.

Ernestina Meunier, unha das súas alumnas, deixoulle en herdanza un millón de francos, fondos que aproveitou despois de volver a Barcelona para levar adiante o seu proxecto no 1901: a Escola Moderna.

Nesta, buscou levar adiante unha educación racionalista, laica, antidogmática e científica, alonxada dos modelos dominantes no Estado español na época. A situación educativa no Estado español naquela época era deficiente, con cifras moi baixas de alfabetización, un profesorado con baixos salarios, unha universidade reservada ás elites e un ensino practicamente monopolizado pola Igrexa.

Ferrer Guardia promoveu a coeducación de xéneros e clases sociais, rexeitou os exames e todo sistema baseado nos premios e castigos e desenvolveu unha educación ligada a unha crítica da situación social existente e á emancipación da autoridade. O alumnado tiña unha gran liberdade, revolucionando as tendencias pedagóxicas do seu momento. O seu proxecto contou co apoio de persoeiros da ciencia como foi o caso de Santiago Ramón y Cajal.
Estas innovacións, unidas á visión de Ferrer Guardia da educación como ferramenta para a concienciación social con fins de transformacións radicais, causaron a rabia das clases dominantes españolas, quen vían no espírito libertario da Escola Moderna unha ameaza para os seus privilexios.

No 1906, tras un atentado obra do bibliotecario da Escola Moderna, Mateo Morral, contra Afonso XIII e a súa muller Vitoria-Euxenia no día da súa voda, levou a que o Estado reprimira a a anarquistas, entre as que se atopaba Ferrer Guardia. Este permaneceu un ano encarcelado en Madrid, e a Escola Moderna non volveu abrir como centro de ensino.

O 9 de outubro de 1909, Ferrer Guardia foi xulgado por un tribunal militar e acusado sen ningunha proba de ser o instigador dos sucesos da Semana Tráxica en Barcelona, greve acontecida en xulio e agosto de 1909 ante a negativa do proletariado de participar na guerra imperialista sobre Marrocos.

Ante este xuízo político, houbo un número importante de mobilizacións a nivel internacional pola liberdade do pedagoxía libertaria, ás que se sumaron persoeiros como H. G. Wells, Arthur Conan Doyle, Georges Bernard Shaw ou Piotr Kropotkin. Porén, o 13 de outubro de 1909 o Estado español fusilou a Ferrer Guardia en Montjuïc.

Este asasinato foi un crime do autoritarismo contra os intentos de crear unha educación diferente, unha educación libre, igualitaria, laica e científica, que ensinaba a pensar e non a obedecer. Un legado representado por un gran número de individuos e que nos non debemos esquecer. Un legado que debemos continuar e reivindicar ata opter unha educación autenticamente libre.

Compañeiro Franciso Ferrer Guardia o teu legado nunca será esquecido!

Por unha educación que ensine a pensar e non a obedecer!

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*