A LOITA DASE TODOS OS DÍAS

Este 24 de novembro hai folga nas aulas de ensino medio e FP, un ano máis, unha vez máis, co obxectivo de parar a LOMCE. Asistimos polo tanto, a unha nova confrontación das organizacións estudantís contra a maquinaria estatal, unha nova loita desigual de forzas que rematará da mesma maneira que tódalas anteriores, con esixencias que, malia ter apoio real por parte do estudantado así como da comunidade educativa, non teñen efectos reais sobre esta polo equilibrio de forzas parlamentarias. Cousa, que, por outra parte se cambia, tampouco representaría o“poder do estudantado´´ , senón unha sorte de novo acordo educativo polo que tamén se farán folgas.

Dende Liza pensamos que esta clase de dinámicas non teñen realmente sentido, pois carecen de efectividade e actúan máis coma medio que coma fin. A protesta non pretende acadar nada, senón que unicamente reflicte unha xogada estratéxica dun sector político organizado nun momento concreto. Son elementos de marketing político destinados a mobilizar parte do estudantado concienciado sen ningún tipo de obxectivo concreto, máis que tecer redes en dinámicas internas. Estas dinámicas xa foran criticadas no seu día cando o Sindicato de Estudiantes as practicaba, mais parece que o tacticismo interno e político obriga a facer delas unha cousa habitual no ámbito estudantil.

É por isto, que dende Liza non consideramos as demandas sobre as leis educativas como un medio, senón coma un fin. Pois o primeiro paso para cambiar as cousas é ter a capacidade de facelo, atopando as ferramentas necesarias para a autoorganización do estudantado fóra de dinámicas alleas a el, evitando gastar folgos en protestas, que se ben o afectan directamente, non ten a capacidade de responder. Consideramos que o signo de progreso na cuestión estudantil ten que vir da man da construción de estruturas educativas democráticas, no sentido de que poidan por si mesmas representarse, falar e actuar en nome de todas. E esta consideración afecta á propia protesta, que consideramos ten que estar enfocada sempre á axuda directa ó estudante,creación de estructuras estruturas de protesta democráticas e abertas e á organización dos conflitos no seo destas estruturas.

Consideramos que supeditar o dereito a unha educación digna, garantido inclusive no texto sacro Estatal, á vontade do parlamento, que, como ben defenden os propios convocantes, lexisla para unha minoría, é incoherente. E chamamos ás organizacións estudantís a configurar un horizonte onde os réditos saian do traballo diario e asociativo das estudantes e non das mobilizacións como espectáculo en si mesmo.

Para isto compartimos a imaxe da Federación Estudiantil Libertaria que refexa moi ben o que pensamos: ” Cremos nas mobilizacións que xorden das necesidades colectivas do movemento, da organización de base en asembleas e asociacións, nunca xamais de imposicións desde arriba sen ningún tipo de dialogo previo”12768233_1082928661729265_1509674519479087295_o

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*