| ANTE A VIOLENCIA MACHISTA, AUTODEFENSA FEMINISTA|

Cada vez que hai un asasinato dunha compañeira, amiga, irmá, quedamos coa mesma impotencia, co mesmo sentir de que poderíamos ser nós. A rabia percorre o noso corpo porque os fillos do patriarcado estannos a asasinar, porque somos asasinadas polo mero feito de ser muller.

Sempre repetimos o mesmo: non son casos illados. Todas as asasinadas responden ó feminicidio perpetrado polo sistema patriarcal e por iso urxe a creación de espazos de seguridade onde sentirnos acompañadas e saber que se nos agreden a unha, contestamos todas. Porque non queremos contar as vítimas como unha máis, porque cada asasinada é parte de nós.

Hoxe saímos as rúas en diversas concentracións no país por Virxinia Ferradás. Nós témolo moi claro: nin ela, nin as outras mulleres que foron asasinadas caerán no esquecemento.

Ante violencia machista, autodefensa feminista!
A nosa sororidade como arma!

yyyy

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*