Estamos en loita, e levamos loitando moito tempo.

Estamos en loita, porque somos discriminadas por ser mulleres.

Estamos en loita porque non podemos camiñar polas rúas tranquilas.

Estamos en loita contra a brecha salarial.

Estamos en loita contra a cousificación dos nosos corpos.

Estamos en loita contra a imposición de roles de xénero.

Estamos en loita porque a transmisoxinia négalles a existencia e a vida a unha parte das mulleres.

Estamos en loita porque as mulleres racializadas sofren dúas veces, unha polo patriarcado e outra polo racismo.

Estamos en loita porque crean modas que atacan os nosos corpos.

Estamos en loita porque a historia e a ciencia nos invisibilizan.

Estamos en loita porque non se recoñece o noso traballo.

Estamos en loita porque a nosa voz non se escoita nin se nos nomea.

Estamos en loita porque nos violan, nos maltratan.

Estamos en loita porque nos matan.

 

Estamos en loita cada día, porque existe unha guerra  na que nos defendemos unidas con uñas e dentes ante calquera agresión. Loitamos, dende as aulas, dende as rúas, dende as casas, dende o individual até o colectivo destruíndo todo aquelo que nos destrúe. Porque todos os actos que rachan co seu sistema patriarcal son símbolo de loita, de resistencia nun mundo onde cada día sufrimos a violencia machista.

 

Hoxe é o día da muller traballadora pero nos non queremos un día, un punto nun programa político dun partido, nós querémolo todo, porque é o feminismo é unha loita transversal que toca todos os eidos e por iso non se pode esquecer.
Avante o feminismo combativo e de clase.

feminismo liça4

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*