Nas aulas e nas rúas, querémonos seguras!

Hoxe saíu publicada a sanción a Luciano Méndez Naya, profesor da USC, que non puido conter ” a súa testosterona” nas súas clases e proferíu comentarios sobre o escote dunha das alumnas. Ante este ataque machista, outra invasión máis do noso espazo, a USC decide amparar a este profesor tendo que esperar até catro meses para que este organismo faga algo, e ese algo coma sempre sexa insuficiente. Esta suposta reprimenda son 2 meses de supensión de emprego e soldo, que nós consideramos un insulto e un gran acto de hipocresía por parte desta institución, a cal se enche a boca ‘predicando’ igualdade pero cando de verdade ten que tomar parte neste asunto a súa reacción é esconderse e logo de ver o rexeitamento da sociedade ante esta actitude decide agasallarnos con esa pequena reprimenda de dous meses, como se esa persoa que non se disculpou en todo este tempo e aínda se autoreafirmou fose a facelo en dous meses. Por iso exisimos que este profesor sexa expulsado da USC, xa que personaxes coma estes exarcerban aínda máis a cultura patriarcal na que vivimos e que rexeitamos.

Aínda que con isto sabemos que Luciano Méndez Naya é soamente outro exemplo das actitudes machista que sufrimos cada día tamén dicimos que non debemos permitir ningunha agresión nas nosas aulas e canto máis contundente sexa a nosa resposta significa que estaremos avanzando cara unha sociedade feminista.

 NAS AULAS E NAS RÚAS,
QUERÉMONOS SEGURAS. luciano machista

Be the first to comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.


*